mércores, 25 de setembro de 2024

Día Europeo das Linguas

 

No día de hoxe, e acompañados polas profesoras Inés Montero e Sagrario Torrado, e polo director de teatro Daniel Baamonde, celebramos a través dun acto institucional o Día Europeo das Linguas, efeméride que terá lugar mañá, 26 de setembro. O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na iniciativa desenvolvida nos soportais do Museo das Peregrinacións de Santiago, no que houbo un recitado dramatizado multilingüe de poemas de distintos autores nas súas respectivas linguas de orixe europea, desde Fernando Pessoa a Walt Whitman e Rosalía.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, recordoulles aos nosos estudantes “a sorte e a responsabilidade que supón ter unha lingua propia”, incidindo “na importancia da aprendizaxe de idiomas para a comprensión intercultural da cidadanía”, xa que "o coñecemento de linguas é unha ponte que une sociedades e culturas”. Ademais, Valentín García salientou ”a relevancia de visibilizar e promover o uso do galego no marco da rica diversidade lingüística e cultural de Europa”.

O noso alumnado estivo espléndido, a pesar da treboada que ameazaba e tinxiu de Romanticismo o acto.


 


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario