luns, 24 de febreiro de 2025

Día de Rosalía

Esta mañá os alumnos Xaquín Boquete Mera e Cibrán García García, de 4º de ESO, xunto con Ana Otero Calvo, de 1º de Bacharelato, protagonizaron na biblioteca do instituto, na sala de profesorado e na cafetaría, tanto para o alumnado coma para o profesorado e o persoal non docente, un breve recital poético cheo de emoción. 

Ana e Xaquín recitaron os poemas de Rosalía de Castro "Negra sombra" e "Unha vez tiven un cravo", acompañados polo fermoso son do violín de Cibrán, nunha sentida homenaxe á nosa poeta máis coñecida, nada en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1837.

 


 

 


 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario