luns, 14 de abril de 2025

Léocho? Audiolibros en galego

O instituto, a través da biblioteca, levou hoxe a cabo a segunda das actividades que se agrupan baixo o título de "Non todo vai ser escribir. Aspectos do mundo editorial".


Visitounos Ramón Romero, que está á fronte de Léocho?, empresa especializada na produción de audiolibros. O alumnado de ESO 3º puido coñecer de primeira man como se fai un audiolibro: o equipo técnico necesario, o soporte lóxico para o tratamento do material en bruto etc.

Finalmente, o alumnado tivo a ocasión de gravar un par de textos e puido comprobar todo o esforzo, o coñecemento e mais a experiencia quen fan falta para que sexa posíbel o magnífico traballo das profesionais como Ramón Romero.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario