Benquerides lectores e ouvintes!
Hoxe, mércores 14 de maio, traémosvos outra entrega dos contos de Dolores Creo González, unha muller extraordinaria que deixou pegada entre os seus, familia e veciñanza.
Son moitas as mensaxes de agradecemento e emoción que recibimos desde que comezamos a publicar estas breves pezas da tradición oral que a avoa Dolores contaba a quen se parara a escoitala, especialmente os seus netos e as súas netas, que acabaron por gravala nunha cinta de cromo, para non deixar no olvido aquelas narracións e recitais.
Hoxe recuperamos de aquel soporte, para RadioClic! A contar e cantar, un conto costumista de Dolores, que pon de manifesto comportamentos que na época estaban mal vistos.
Escoitemos, xa qeu logo, o podcast:
Ningún comentario:
Publicar un comentario