xoves, 22 de maio de 2025

A batalla da fin do mundo

Contan as lendas que a fin do mundo chegará antes do que pensamos. Os prognósticos anunciarana en forma de pestes, 

guerras, fames, secas, ausencia de criaturas, enfermidades descoñecidas, e choiva de sangue.... 

ah! e un diluvio de lume.

Amais disto, haberá unha gran batalla, afirma Vicente Risco, unha guerra de nenos e nenas,

 pois daquela xa non haberá persoas adultas.

Vai no dentista representou este mércores 21 de maio unha peza teatral, baseada na nosa tradición oral, e na que pretende

 amosar, a través do xogo e a diversión, unha realidade cruel e tan cotiá que acaba por instalarse e normalizarse na nosa 

vida e nas vidas das crianzas, igual que aqueles outros sinais, que por tan correntes nos impiden ver que 

 A batalla da fin do mundo se achega.

Velaquí unha mostra da función en fotografías 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario