venres, 9 de maio de 2025

Certame de teatro Intercentros de Santiago e comarca

O luns da semana que vén comeza o Certame de teatro Intercentros, que vai xa pola súa edición número 29.

Este ano quince centros educativos levarán as súas creacións dramáticas ao escenario do Principal, nada máis e nada menos que dezaoito obras: sete pezas de educación primaria, e once de educación secundaria, contando un musical e un espectáculo de danza dramática.

Déixovos aquí o calendario das representacións, que terán lugar no fabuloso Teatro Principal de Santiago de Compostela, grazas á promoción, acompañamento e xenerosidade da Concellaría de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica.

A entrada é de balde ata completar aforo. Esperámosvos!


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario