venres, 26 de setembro de 2025

Día Europeo das Linguas

 Esta tarde do 26 de setembro, un grupo de alumnas e alumnos do IES Arcebispo Xelmírez 1, baixo a dirección de Daniel Baamonde e Sagrario Torrado, realizaron na diante do Museo das Peregrinacións unha actuación destinada a conmemorar o Día Europeo das Linguas.

Asistiu ao evento o Secretario Xeral de Política Lingüística, que  destacou "o papel da lingua como ponte entre culturas e a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultural e lingüística de Europa”. O evento foi publicado no sitio-web da Xunta de Galicia. 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario