venres, 6 de marzo de 2026

Batucada 8M

 Hoxe, venres 6 de marzo, o alumnado de 2º de ESO de PC xunto con alumnado dos centros veciños, IES Rosalía de Castro e IES Antón Fraguas, realizaron unha batucada na Alameda, en Santiago de Compostela, con instrumentos feitos pola propia rapazada na clase de Proxecto Competencial. A compañeira e incansable traballadora Cristina Blanco ensaiou co alumnado para que a actividade fose un éxito completo, no que non só reivindicamos igualdade de dereitos en galego, lendo un manifesto no palco da música, senón que o pasamos en grande batucando todes xuntes.





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario