A biblioteca do instituto pon en marcha unha serie de actividades que se van agrupar baixo o título de "Non todo vai ser escribir. Aspectos do mundo editorial". Trátase de achegar o alumnado ao traballo que desenvolven as editoriais, pero sen pór o foco, como se adoita facer, nas autoras e autores, senón nas persoas que se dedican á ilustración, á tradución, á corrección, á maquetación, á promoción, á venda, á crítica etc.
A serie vai comezar cun obradoiro de Raquel Senra, de Árbore Azul, que vai versar sobre "A arte de ilustrar". Vai ser o 30 de xaneiro, de 09.35 a 12.25 horas, e as persoas destinatarias van ser 22 alumnas e alumnos de ESO 4º e BAC 1º.
O deseño do cartel é da profesora Inés Montero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario