mércores, 15 de xaneiro de 2025

Gastronomía literaria: saber e sabor

Tras a lectura de Cociña celta e o pote máxico de Jean Markale, o club de lectura A Coviña Céltica meteuse en fariña e puxo en práctica todo o que aprendeu lendo. Así, nos dous recreos do 15 de xaneiro o alumnado deste club de lectura, capitaneado por Sara Paz, levou a cabo una unha xornada de desgustación da repostaría celta, que tivo un grande éxito entre o alumnado e o profesorado.

A recadación vaise destinar á excursión de fin de curso do club de lectura.

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario