O IES Arcebispo Xelmírez 1 é un dos premiados no X Concurso de Traballo por Proxectos para o curso 2023-2024 convocado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no contexto do Plan LIA de bibliotecas escolares.
O proxecto de Radio na biblio, titulado "Histoire de...", era un programa de entretemento radiofónico bilingüe galego-francés. O premio obtido por RadioClic! debémosllelo a todo o profesorado e a todo o alumnado que participou no proxecto, e sobre todo ao impulso, ao entusiasmo e ao traballo da profesora María José Nieto, mebro do EDL, así como ao apoio incondicional do director, o profesor Roberto Rodríguez.
O xornal La Voz de Galicia fixouse nesta boa nova: "El proyecto Radio na Biblioteca del IES Xelmírez I de Santiago se impuso en un concurso de innovación educativa".
Ningún comentario:
Publicar un comentario