Van ser as cantareiras e a poesía popular oral quen protagonicen o Día das Letras Galegas do ano 2025, conque a biblioteca e mais o equipo de dinamización da lingua decidiron rematar o ano organizando un obradoiro sobre o baile, a pandeireta e o canto tradicional. Rebeca Tallón e Leticia López mergulláronse co alumnado do 4º curso da ESO neste mundo fascinante da cultura do país.
A profesora María José Nieto, representante do profesorado no Equipo de Dinamización da Lingua, fixo un vídeo sobre a actividade (cuxa música, por certo, creou mediante intelixencia artificial):
"OBRADOIRO - Pandeireta & Baile".
(Aquí hai tamén un par de fotos desta actividade: Galería "Baile, pandeireta e canto tradicional")
Premede na foto para ver o vídeo da actividade! ⤵️
Ningún comentario:
Publicar un comentario