Porque o elemento da linguaxe é a fluidez. O inerte, o profundo, o latente, o que transporta, o que varre, o que queima, o que afoga, o que almacena, o que dá vida, o inesgotable, o que reflicte, o que atafega aos monstros, o que disolve. (...). Paréceme que a linguaxe corporal dos homes transmite un legado ancestral que se aprende no medo, se practica na competición e se pronuncia na guerra. Mesmo hoxe en día arrepíame atoparme con esta linguaxe. Cando os homes novos se me achegan, con esa agresividade nos ombreiros, con esa amplitude no paso, con esa certeza de ter razón no corpo, esa maldita linguaxe das extremidades, de dominar, de reprimir, BAM, AQUÍ ESTOU, ESTE É O MEU ESPAZO. Cando me atopo con esta linguaxe corporal, convértome en algo moi lixeiro. (...). Síntome máis preto da linguaxe corporal das mulleres.
Blutbuch (Libro de sangue), Kim de l´Horizon
Ningún comentario:
Publicar un comentario