Este xoves o club de lectura LGBTIQ+ retomou a súa actividade comezando a ler a Kim de l´Horizon, pseudónimo dunhe escritor de prosa e obras teatrais. A súa novela Blutbuch foi galardoada en 2022 co Premio do Libro suízo e o alemán.
O grupo amosouse fascinado ca prosa de l´Horizon, e o seu estilo tan ecléctico, que en ocasións raia na poesía: "(...) Non sei como expresalo se non é: Non coñezo ningunha lingua para o meu corpo, non podo moverme nin na miña lingua materna nin na miña lingua paterna. Móvome nunha lingua estranxeira. Talvez esa sexa unha das razóns da escritura, desta escritura fragmentada, esnaquizada. Polo feito de que das miñas mans só saian fragmentos, cuxos bordos están tan rachados que non se pode construír con eles unha bonita historia lisa, apaixonante e puída. Talvez esta escritura sexa a procura dunha lingua estranxeira nas palabras que están ao meu alcance. O intento de atopar un agocho do tamaño dunha lingua no existente, esculpido no herdado, grande abondo para que unha persoa poida bailar nel."
Ningún comentario:
Publicar un comentario