mércores, 7 de maio de 2025

3, 2, 1, ... Chega a semana das Letras Galegas! (3)

Dirixido pola profesora Josefa Balo, o alumnado de ESO 4ºC de Lingua galega e Literatura investigou o significado do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ás cantareiras, e entrevistou dúas profesionais do gremio.

Para realizar as gravacións estivo presente a incansable María José Nieto

Finalmente, o alumnado de Francés (segunda lingua estranxeira) da profesora Nieto creou a música empregando a intelixencia artificial (con Brev AI) e editou o podcast grazas aos coñecementos que a docente lle transmitiu na aula.

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario