Esta mañá celebramos o Correlingua 2025, que máis ca unha carreira pola lingua é unha festa verdadeira!
O noso alumnado de 2º de ESO B e D acudiu acompañado polas profesoras Olga Iglesias, Sara Paz e Cristina Díaz, que previamente traballaran o tema nas clases de galego. Cada grupo ía armado con cadansúa pancarta de talle XXL... non en balde conseguimos o 1º premio de pancartas; pero o mellor non son os premios, o mellor é comprobar o ben que o pasou a rapazada e as profesoras acompañantes, que disfrutaron coma cativiñas!
Longa vida ao GALEGO!
Velaquí unha mostra da gandaina de esta mañá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario