venres, 16 de maio de 2025

3...,2...,1,... Xa chegan as Letras Galegas!

 E chegou o derradeiro día de este programa adicado á tradición oral e á cultura popular que tanto ten que ver coas persoas homenaxeadas este vindeiro 17 de maio en Galiza, as cantareiras.

Dolores Creo González non cantaba, nin bailaba, nin tocaba a pandeireta, Dolores contaba contos e recitaba romances que ela aprendera de viva voz, porque apenas sabía ler. Sempre que contaba as súas historias, remataba con un rezo ou unha historia de carácter relixioso, porque lle parecía que tantos "chascarrillos" podían dar unha imaxe distorsionada dela, e era unha muller profundamente relixiosa.

Así que, conservando ese sentir seu, rematamos os seis días continuados de contos da avoa Dolores con unha historia que nos trae unha ensinanza moral: "Castigo divino". Que a gocedes!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario