venres, 16 de maio de 2025

Pandeiretas no día das Letras

 Coa intención de ambientar o instituto adecuadamente para celebrar o Día das Letras Galegas, este ano decidimos "crear" unhas pandeiretas de atrezzo, nas que adherimos fotos de coñecidas pandereteiras da nosa cultura, así como cantares e cantigas tradicionais.

Ademais, e dado que o 17 de maio é unha data na que tamén celebramos o Día da Loita contra a Homofobia e a Transfobia, decidimos que a cor de fondo das pandeiretas e a súa colocación represenaran a bandeira LGBTIQ+.

Quedaron así de fermosas:




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario