martes, 25 de novembro de 2025

25 N _ Microteatro

Vai no Dentista puxo en escena esta mañá, 25 de novembro,  unha peza de microteatro nas aulas de 2º , 3º e 4º de ESO do noso instituto. 

O texto no que se basea a peza é unha adaptación dun artigo publicado por Antonio Gala no libro "A quien conmigo va", e aínda sendo un texto ficticio, ten unha base moi real, xa que o autor, no seu momento (na primeira metade dos anos 90), se inspirou nun caso acontecido no sur de España.

A interpretación de Guadalupe Otero conmove ata as bágoas, nunca viramos o alumnado tan atento e respectuoso.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario