martes, 25 de novembro de 2025

Xoguemos a que somos iguais

0 día 25 de novembro celebramos o Día Mundial contra a Violencia exercida contra as Mulleres apareceu esta escaleira no corredor central.

Os equipos de Igualdade e Normalización realizaron unha montaxe con dúas escaleiras e unha chea de bonecas e bonecos, que aportaron membros do claustro de profesorado e do alumnado (moitas grazas!). Tratábase de representar a desigualdade utilizando bonecas colocadas en distintos niveis para visibilizar as violencias que sofren as mulleres desde a infancia. A través desta instalación lembramos que xogar tamén educa.





Ningún comentario:

Publicar un comentario